Outra Vida

Para comprender esta mensaxe, deberase imaxinar outro mundo. Deberase imaxinar un mundo entre este e o de despois. Deberase imaxinar unha realidade paralela, e dun xeito real e ficticia ó mesmo tempo. Unha realidade inmersa nun mundo de sombras e pouca claridade, onde contornos e figuras fúndense nun mesmo espazo movidas polo azar. Sombras sedentas que se achegan ós recunchos de luz en busca de contacto coa realidade.

Imaxina unha paisaxe, natural ou urbá, pero imaxina que é vista a través dun cristal embazado, sucio e con rallazos, que distorsiona os raios de luz que entran, empobrecendo as figuras e siluetas xunto cos seres que a pobran. Un cristal constantemente limpado coa manga dunha prenda, pola acción do bafo que tinta os cristais continuamente.

Inspirado dalgún xeito na Nova Narrativa Galega, pode apreciarse un símil con este tipo de narrativa, mesmo na forma de contar as cosas dunha forma difusa e imprecisa. É tamén un intento de tratar de imaxinar ou representar os ecos doutros posibles mundos, esas reflexións distantes pero cercanas ó mesmo tempo que poderían acontecer.

©